martes, 24 de marzo de 2009

Pais dun futuro esquecido (I)

- Esta juventud de ahora es un desastre. Fíjate, no cuidan sus cosas, ni siquiera su aspecto. No se preocupan por nada, para ellos todo es fácil y son egoístas e incluso crueles.
- Si, nos nosos tempos non era así, non. Se querías algo, tiñas que traballar como un negro, e inda así. E nós si tiñamos respecto, non medo como din, pero si respecto. Bueno, quizais algúns, pero a maioría sabiamos respectar aos demáis.
- Nunca discutiriamos cos nosos pais. Ao sumo, agachabas a orella e calabas. Agora non, agora non só non obedecen senón que obrigan aos seus pais a pregarche aos seus caprichos.
- Pero a culpa non é deles. A culpa é dos pais. Hai que ensinarlles respecto dende pequerrechos.
- Onde iremos a parar!! Escoitastes a última? o rapaz de m... que resulta que ...

Non é doado imaxinar varias ocasións nas que escoitamos esta conversa nalgures. Con frecuencia estabrécese un paralelismo entre o auxe dos espazos urbáns, os medios de comunicación de masas e a falta de madurez e moitos outros atributos positivos da xuventude actual. Por suposto, para tal paralelismo é preciso estabrecer que hai un momento anterior no que todo (ou a maioría das cousas) foi millor.

É un problema que as cousas non sexan tan doadas. Esta conversa, cambiando os idiomas, podería estar extraida dalgunha obra costumista de hai XX séculos. Os mesmos problemas, as mesmas maldades, todas precedidas por unha época "dorada" de beizón e bondade...

Semella que o cerebro humán ten unha curiosa facilidade para valorar máis os recordos positivos e minimizar os recordos negativos. De feito, cando nos vemos sumidos en algún destes, acostumamos a velo como un problema, algo a superar: "inda non superou a morte do seu fillo", ou "inda non superou a perda da súa casa" ou "inda ten o trauma polo accidente". Así, os recordos negativos vanse esvaecendo nas brétemas do esquecemento, namentres as lembranzas positivas acadan máis espazo incluso do que mereceron no seu día. Seguro que é doado evocar aquel bico con alguén a quen queres, ou unha tarde nun lugar estupendo... e non é tan doado lembrarse do golpe que nos demos contra unha porta hai un par de anos.

É doado imaxinar o mecanismo evolutivo que favoreceu isto. Nunha natureza dura, por definición, aqueles animáis que teñen millores expectativas, máis razóns para perseverar, tenderán a ter máis descendencia que aquéles que á primeira de cambio atravesan unha catarsis e quedan atascados.

Pero o mesmo mecanismo mental que fai isto, tamén contén a súa propia perversidade. A nosa forma de ver as cousas está idealizada en función do que nós coñecemos. Isto que coñecemos, por definición, é o noso presente e o noso pasado.

Que ocorre cando abordamos unha época de fortes cambios? Sen dúbida na historia houbo moitos e fondos cambios. A migración de espazos rurais a urbáns non é propia do século pasado, senón unha constante ao longo da historia. Tamén os feitos traumáticos: guerras civís desoladoras, fenómenos naturais como terremotos ou furacáns igual de devastadores... É exercicio trivial buscar na historia por catarsis deste tipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario